jueves, 2 de julio de 2009

ITINERARIO LECTOR DE MATEMÁTICAS PARA 4º ESO



Por último, xa en 4º de ESO, recomendamos outras dúas obras de Fernando Corbalán, coñecido divulgador da nosa área:
- Corbalán, Fernando: La matemáticas de los no matemáticos (Grao)
- Corbalán, Fernando: La matemática aplicada a la vida cotidiana (Grao)
Pero non esquecede que o mellor que podedes facer para gustar das matemáticas é poñervos a ela sen medos nin complexos. Boa sorte!

ITINERARIO LECTOR DE MATEMÁTICAS PARA 3º ESO



Paso a paso, o nivel de dificultade da nosa materia vai complicándose. Para 3º cremos útiles os seguintes textos
- Corbalán, Fernando: Matemáticas de la vida misma (Grao)
- Varios: Las matemáticas a través de sus personajes (Diputación de A Coruña). Este último trátase dunha edición dun traballo realizado polo Departamento de Matemáticas dun centro da nosa cidade, o IES Sofía Casanova, no que colaboraron un grupo de alumnos. Parécenos interesante que vexades o que poden facer rapaces como vos.

ITINERARIO LECTOR DE MATEMÁTICAS PARA 2º ESO




Para os alumnos de 2º de ESO que queran ler textos relacionados coas matemáticas recomendamos
- Vallejo-Nájera, Alejandra: ¿Odias las matemáticas? (Martínez Roca)
- Moreno, Ricardo, Vegas, José Manuel: Una historia de las matemáticas para jóvenes (Nivola)
- Hogben, Lancelot: El maravilloso mundo de las matemáticas (Aguilar)

Esperamos que atopedes o encanto desta disciplina coa lectura destes textos. Esperamos os vosos comentarios!

ITINERARIO LECTOR DE MATEMÁTICAS PARA 1º ESO




Para aqueles alumnos de 1º ESO que amosan interese, recomendamos unha relación de libros que tratan de forma lúdica a nosa área e que están a vosa disposición na biblioteca:
- Fabretti, Carlo: Malditas matemáticas (Alfaguara)
- Gardner, Martin: Matemática para divertirse (Gránica Ediciones)
- Sierra i Fabra: El asesinato del profesor de matemáticas (Anaya)
Neste último exempro, podedes atopar, da man do xenial Jordi Sierra i Fabra, unha entretida historia de detectives na que un grupo de amigos que suspenderan matemáticas para setembro vense envoltos. Cada pista deben resolvela aplicando os seus coñecementos de matemáticas e lóxica e así clarificar un misterioso asasinato.
¡Anímate a compartilo con eles!
Se che gustou o estilo de libro, non deixes de profundizar nel coa súa historia paralela pero no universo das letras: El asesinato de la profesora de lengua, do mesmo autor e editorial.

A LECTURA NA CLASE DE MATEMÁTICAS


No Departamento de Matemáticas incidiremos na lectura en voz alta, na interpretación e a comprensión dos enunciados de problemas para mellorar a comprensión lectora.
Os problemas que achegamos como interesantes para mellorar a competencia lectora dos nosos alumnos son problemas de enunciados longos que esixen conseguir unha exhaustiva comprensión da lectura feita.
Seguiremos os seguintes pasos para a comprensión dos devanditos problemas:

1. Lectura do enunciado con toda a atención.

2. Toma de notas, representando os datos esquematicamente nun gráfico, debuxo, esquema, etc., Con este obxectivo obrigámonos a ler con máis atención.

3. Explicalo coas propias palabras incidindo no que nos pregunta e no que sabemos.

4. Buscar estratexias para resolvelo:

a) É un problema para o que temos un sistema de resolución?
b) Busca da solución por ensaio-erro.
c) Facer preguntas intermedias.
d) Resolver casos particulares máis sinxelos cós propostos, ou con números máis sinxelos.

5. Executar a estratexia que decidimos aplicar.

6. Se obtivemos solución, volver ler o enunciado comprobando que a solución cumpre as condicións que esixe o enunciado.

7. Redactar a solución

BIENVENIDA A NUESTRA PÁGINA DE MATEMÁTICAS


Comenzamos hoy una nueva experiencia en nuestro blog. Os damos a todos la bienvenida a nuestra página de "Cataboismatemáticas". En ella iremos colgando los textos relativos a este Departamento que recomendamos para cada curso. Iniciamos así la experiencia de nuestros "Itinerarios Lectores" por áreas y cursos. Esperamos que nos sigais con la misma fidelidad que a nuestro blog "Queremos ler" al cual enlazaremos este nuevo blog. Poco a poco iremos creando distintos blogs, uno por área del conocimiento para difundir nuestras propuestas del Proyecto Lector del Centro.
Contamos con la colaboración de las profesoras de matemáticas de nuestro instituto: Chelo, Ana y Mª Jesús.
Gracias por vuestro apoyo.